Raza de cabalo

Unha raza de cabalo é unha poboación seleccionada de cabalo doméstico, a miúdo cun pedigree recollido nun rexistro oficial. Porén, o termo é empregado frecuentemente para definir razas naturais de animais, ou cabalos seleccionados naturalmente dun fenotipo común e localizados nunha rexión xeográfica concreta. Dependendo da definición, hoxe en día existen centos de "razas", desenvolvidas para usos moi diferente. As razas de cabalos están divididas en tres categorías baseadas no seu temperamento: os de "sangue quente" con velocidade e xenio; os de "sangue frío" como o cabalo albardeiro e algúns ponis; e os "sangue morno" que son produto de cruces entre os sangue quente e frío.

As razas de cabalos son grupos de animais con características distintivas que son transmitidas ós seus descendentes, como o tamaño, a cor, as habilidades ou a disposición. Estes trazos herdados son o resultado da combinación e cruces artificiais para producir cabalos dunhas características determinadas.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy